viernes, 17 de junio de 2016


Turonia  2016

 Este ano o Turonia estivo centrado no monte da Pedrada ou Madanela. Nenas e nenos de 6º estudaron sobre o terreo gran cantidade de cousas axudados dun caderniño preparado para a ocasión: Os picos máis importantes que se poden ver dende a Pedrada, as mámoas de Vilachán do Monte, minerais, plantas e animais desa zona, ...
     Visitamos o barrio de Cristelos onde andivo escondido Antón Alonso Ríos. Tamén estudamos a calidade das augas do río Pego analizando os seus macroinvertebrados.
     E coma sempre pechamos co tradicional paseo en piragua no río Miño organizado polo Club Deportivo Miño-Teixugos. 

domingo, 29 de mayo de 2016

MASTER CHEF  DE LEGUMES

Os de 5º e 6º  participamos na realización do Master Chef de legumes como actividade dentro do proxecto de Voz Natura. Todo isto non sería posible se non fose pola nosa compañeira Tania que ano tras ano comparte con nós o seu ben facer no arte culinario. Tania propuxo 3 pratos:
Como 1º prato fixemos hamburguesa de faba vermella e de 2º doce de faba branca. Finalmente un terceiro plato á imaxinación e creatividade dos equipos. Tania fixo a súa comprobación de pratos aportando os criterios e consellos necesarios e o resultado foi fantástico. Estaba todo riquísimo e o pasamos estupendamente. Gracias Tania!. Gracias 5º e 6ª e mestres!


domingo, 10 de abril de 2016

OS DE CATRO PLANTAMOS LEGUMES

Reutilizamos botellas de auga para facer o cultivo hidropónico. Plantamos lentellas, xudías e garavanzos.

domingo, 21 de febrero de 2016

O QUE LEVAMOS FEITO!

Xa levamos feitas moitas cousiñas dentro do proxecto de Voz Natura.

Esta é a nosa programación.


Estes os turnos das pandas Bolboreta



AS FOTOS 


ARTE CON LEGUMES



PLANTANDO ALLOS




COMEDEROS PARA PAXAROS
PLANTANDO LANDRAS E CASTAÑAS


domingo, 27 de septiembre de 2015

E ESTE ANO QUE...?

Pois este ano...moitas cousas!!! Porque para empezar temos un lugar novo no cole onde temos todas as ferramentas, pintado e preparado gracias ao concello de Tomiño. 
É un ano especial porque o proxecto que presentamos tivo en conta o Ano Internacional das Legumes adicado para o 2016. O obxectivo fundamental é sensibilizar a opinión pública sobre as ventaxas nutricionais das legumes como parte da producción de alimentos sostible encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. Así que este Ano brindaranos a oportunidade de facer conexións con toda a cadea alimentaria e ademáis de aprender moito sobre as legumes investigar a problemática no comercio de legumes. 
Os de 5º xa estivemos limpando o invernadoiro para preparar a terra e comenzar coas plantacións e a partires de outubro poñer en marcha xa as actividades de control de pandas bolboreta que vimos facendo todos os anos e todas as demáis actividades que se sucederán ao longo deste ano.
Animámosvos a participar e disfrutar dun ano máis de Voz Natura.



sábado, 18 de abril de 2015

CHARLA SOBRE ANIMAIS DO ENTORNO

Manel( axente forestal) e Begoña ( veterinaria) estiveron no cole para amosarnos animais do noso entorno, algúns presentes e outros debido a acción do home xa non os atopamos.
Descubrimos moitas aves e aspectos da súa morfoloxía e costumes. Pero Manel tamén ensinounos como fai el a captura de fotos. Ás veces pasa moitas horas para conseguir un animal específico e emprega  un hide para ocultarse e outras redes de camuflaxe.
Aprendimos moitas cousas. Gracias Manel e Begoña.

viernes, 20 de marzo de 2015



TEATRO DE SOMBRAS. SOPA VERDE



VOZ NATURA. OS DE 3 ANOS PLANTAMOS NO INVERNADOIRO.


En colaboración co concello de Tomiño, na escola de Barrantes todos os cursos de primaria e infantil estamos a descubrir as posibilidades económicas da terra do noso entorno. Así ao longo de este ano investigamos os puntos fortes no que a cultivos se refire. Os de 5º e 6º participamos no taller dos viñedos xa que o ano anterior traballáramolo moi de cerca participando mas distintas actividades con Adegas Valmiñor. Os de 2º, 3º e 4º participaron no taller de cultivos de plantas ornamentáis empregando o cultivo hidropónico de tulipán e comparándoo co tradicional. Observamos que o crecimiento e máis rápido no hidropónico e que a pérdida de agua é moito menor. Tamén que a altura da planta é maior.
É os de 1º descubrimos outro punto forte de Tomiño que é o Kiwi, así descubrimos as clases de kiwi, as diferentes partes da planta, como distinguir o macho e a femia, de onde procede e por qué o seu nome, onde se cultiva en Tomiño, as exportacións do froito a outros lugares, o seu coidado,...
A través de estos talleres valoramos que Tomiño ten unha base económica moi forte nas plantacións de uva, kiwi, e na planta ornamental, e que descubrimos xeográficamente no percorrido polo concello nas distintas empresas dedicadas a elo.
Con todo ainda nos queda pendente agora a finais do mes de abril un taller de alimentación saudable cos máis peques do cole, os de 3, 4 e 5 anos, do que xa vos contaremos.

VOZ NATURA/ CONCELLO. 
O KIWI EN TOMIÑO. 1º


VOZ NATURA/ CONCELLO. 
OS VIÑEDOS EN TOMIÑO  5º E 6º

CHARLA DE RECICLAXE. SOGAMA. 
1º A 6º


lunes, 16 de febrero de 2015


OBRADOIRO DOS SENTIDOS COS PRODUCTOS DA HORTA - 
O pequeno Nicolás eo seu nariz singular.

Os nenos e nenas de infantil fixemos un obradoiro de Voz Natura, no que a través do conto do pequeno Nicolás do que todos  se burlaban polo nariz tan grande que tiña, tomamos conciencia da importancia do sentido do olfato e recapacitamos sobre as capacidades das persoas invidentes, reflexionamos sobre a importancia dos sentidos e xogamos a recoñecer polo tacto, polo olfato, pola vista productos da horta e as súas características. Sabemos diferenciar polo olfato? Cheira ben ou mal PARA ti?  Adiviña quen son polo tacto? Aprendemos vocabulario novo e moitas máis cousiñas...


PLANTACIÓN DE SEMENTES 5º E 6º
Este mes de febreiro fixemos cos maiores da escola a plantación de semilleros de pepino, tomate, leituga, pementos, calabacín, etc e os deixamos no invernadoiro para que estén máis protexidos da chuvia e o frío.  Na horta barrantiña fixemos a plantación de cebolas. Rematamos a plantación de bulbos pero en maceta con terra para así poder comparar cos que plantamos hidropónicos.

domingo, 25 de enero de 2015

E SEGUIMOS COAS BOTELLAS...ESTA VEZ PARA FACER APROXIMACIÓN A CULTIVOS HIDROPÓNICOS


Este xoves 22 de xaneiro fixemos a plantación de bulbos cos de 2º, 3º e 4º unindo o proxecto Voz Natura e o do concello de Tomiño cos viveiros da zona. Estes bulbos se exporán na mostra de cultivos en Goián na que participan tamén os outros centros escolares de Tomiño. Para elo  reutilizamos botellas grandes que trouxeron os nenos/as para facer unha aproximación aos cultivos hidropónicos.  Antes de nada Noemí presentou os bulbos e a actividade. Comenzamos quitando a pel ao bulbo e plantamos 3 na parte superior da botella; despois engadimos terra e a regar. Decidimos deixalas no invernadoiro para que estén máis protexidas e agora a coidalas para que esté moi bonitas para a exposición.







sábado, 6 de diciembre de 2014



LUCES DE  

REUTILIZACION


Este ano na decoracion de nadal empregamos a reutilización de botellas de auga para fabricar bombillas decoradas libremente por cada clase. 

Vaise achegando... alumeando... enchendo de cores e luces a nosa escola.

Son as  luces do nadal  que prenden dentro de nós ...e clarexan o camiño...paseniño, paseniño. 



OBRADOIRO PAN DE MILLO

Que rico obradoiro tivemos os de infantil xunto con Tania e Patricia as mamás que nos ensinaron como facer o pan o as arepas de millo. Aprendemos como se amasa o pan, os ingredentes, e tamén como se fan as boliñas para as arepas. Así merendamos arepas recheas de ensalada e pan de millo. Cantamos todos xuntos a canción e pasamos un rato moi bo. Gracias mamis por ensinarnos e poder disfrutar deste fermoso obradoiro.


URBASER nos fala da reciclaxe en infantil

O pasado mércores tivemos a Urbaser no cole, a empresa que xestiona a limpeza e recollida de residuos do concello de Tomiño. Os nenos e nenas de infantil estivemos moi atentos ás pautas de reciclaxe, aos distintos tipos de contenedores, ás cores, a formación de vermicompost... e despois os menos e nenas de infantil repartieron os contenedores por tódalas aulas do colé  azul e amarelo que mercamos coa aportación de Voz Natura. Así sustituimos as caixiñas que tiñamos e ágora todos temos os mesmos contis.

 



Os de 2º plantamos champiñóns

Os nenos e nenas de 2º estivemos plantando champiñóns seguindo moi ben as instruccións que figuraban no envase. Así medimos e calculamos a auga necesaria, outro lía as instrucións, outro mesturaba a terra coas esporas, outro pintaba e rexistraba o proceso e así de xeito cooperativo cada un coa súa función logramos plantalos e agora mesmo estamos esperando a que medren alí nese lugar apartado da luz directa e nun sitio que non sexa frío. O temos no noso recuncho de barrantiños. Despois estivemos recollendo os ultimos tomates, pimentos e acelgas do invernadoiro e limpando porque en breve imos preparalo para a nova plantación.






lunes, 3 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE CABAZAS

Coa chegada do Samaín e o outono a escola apareceu un día chea de cabazas. Que pasa aquí ? Profe saíron cabazas no patio!  Vaites, semella que Paulino andivo por aquí e fixo medrar as cabazas tamén como no conto das fabas máxicas.
E que vos parece se facemos un obradoiro de cabazas? siiiii.
 Os de infantil puxémonos mans á obra e ...como disfrutamos con este obradoiro! 
Tania cantos coitelos tes!...un fan ollos, outros vacían, outro para a boca!...
pero, a que non dan medo? Nooooo
Esta me gusta moito profe! Mira que distintas son as cabazas!
COAS MANS NA TERRA

Este ano iniciamos un novo curso enchido de terra, de ben facer, de moita ecoloxía e de reflexionar sobre as boas prácticas ecolóxicas da horta e no invernadorio. A agricultura ecolóxica vai entrar de cheo en Barrantes; sempre estivo presente pero este ano queremos tomar se cabe máis conciencia da mesma.
Esta semana se presentará o programa de actividades ao longo dos trimestres aos peques de primaria e de infantil. Tamén comenzan a funcionar de novo as pandas bolboreta e os detectives verdes.

E así como quen non quere a cousa hai como 15 días plantamos na horta unha planta ( semella unha patata no sabor) que se chama CHU_CHU ou CHAYOTE e medra como unha enredadera. Chegou a escola da man dunha familia de tres anos e comenzamos a investigar sobre ela. Despois do comedor xemos a súa plantación e mesmo a comemos e probamos porque Tania a trouxo cocida. 
Que rica! Sabe a patata!

domingo, 27 de abril de 2014

 EXPOSICIÓN EN GOIÁN- Mostra de cultivos do Baxo Miño


O cole de Barrantes, xunto con outros coles da zona participamos na exposición de Goian. As plantas ornamentais que plantamos e coidamos durante o curso escolar se expuseron xunto cos murais feitos. Estos son os de Barrantes      

Noticia no Faro de Vigo




domingo, 6 de abril de 2014




Este venres, o caldiño quente con pan de pita chegou á escola da man de Tania. Recollemos no invernadoiro os fermosisimos repolos e aprendemos a facer o caldo como alimento importante na nosa cultura. Aprendemos a facer o pan co fermento, fariña, sal, zucre, auga temperada e con boa man amasando fixemos pans na tixola, sen empregar o forno. Falamos de como no Neolítico se asentan as poboacións  gracias á agricultura e gandería e a importancia na mesma no cambio evolutivo.
Cando xa estaba quentiño e o pan feito...a merendar. Que rico!. E agora que aprendemos ? Podemos empregar e utilizar fora da escola o que aprendimos? 
-Siiiiiiiiiiiii

sábado, 15 de marzo de 2014


DA HORTA Á BIBLIOTECA

Os de 3º e 4º fixemos a primeira experiencia piloto no centro de recollida de productos do invernadoiro ( espinacas, leitugas, acelgas...) Traballamos cooperativamente distribuíndonos o traballo e cada un aporta o seu :  clasificamos, rexistramos con fotos, lavamos os productos, presentamos e fixemos a tenda, o cartel, os prezos, mercamos, vendemos, e sobre todo disfrutamos moitísimo. Puidemos observar e traballamos o circuito de comercio. Cos cartos obtidos imos mercar libros para a biblioteca. Como aprendemos, como disfrutamos, como vivimos!






SEMENTEIRA 1º E 2º

Hoxe achegámonos á sementeira, pero vindo de lonxe. Dende os primeiros asentamentos neolíticos e dende o proxecto de centro " Un brinco no tempo " achegámonos á agricultura ao descubrimento das primeiras sementes, á importancia dos asentamentos das poaboacións, ao cambio da paisaxe, a relevancia social da agricultura, aos primeiros aparellos, aos do siglo pasado, aos actuais, e á actividade de facer semilleiros para despois pasar as plantiñas á horta, ás necesidades das sementes para converterse en plantas, ás flores, ás estacións, aos froitos...ao círculo da vida. Entre leitugas, guisantes, e pepinos... fixemos deste mércores un día moi leitugueiro. Gracias profes, nenos e nenas por disfrutar das pequenas grandes cousas!






miércoles, 5 de marzo de 2014




INFORME DE CALIDADE DOS RÍOS GALEGOS- PROXECTO RÍOS





Estimados participantes,

o pasado 11 de febreiro presentamos á sociedade o Informe Anual do Proxecto Ríos 2013, elaborado cos datos das inspeccións realizadas polo voluntariado do Proxecto Ríos.




 Informe de Calidade dos Ríos Galegos

         Paco Bañobre

domingo, 2 de febrero de 2014


obradoiro dos sentidos

Esta semana os de infantil tivemos o obradoiro dos sentidos no que descubrimos as plantas aromáticas e os seus usos. Foron as seguintes:
 ROMERO, SANTOLINA, MELISA, MENTA POLEO






descubrindo os ríos de tomiño

Os de 5º e 6º estivemos descubrindo os ríos de Tomiño ( Tollo, Pego, Cereixo e Furnia) e localizando nos mapas o seu paso polas distintas parroquias de Tomiño. Fixemos o seu percorrido e sinalamos as 15 parroquias. Seguiremos traballando tamén coas familias. De momento queda o noso traballo no recuncho de voz natura que temos na aula.












Estivemos en Naturnova
 Os de 1º e 2º ciclo estivemos en Naturnova, centro interactivo de educación ambiental para estimular o coñecemento do mundo que nos rodea, aprender a valoralo, respectalo e querelo. Percorremos o universo, a galaxia, o sistema solar, e chegamos ao noso planeta, e descubrimos os elementos que condicionan a vida ( o solo, a auga e o aire) e os seres vivos cos que compartimos o noso espacio.  Miramos como nos relacionamos co medio, como empregamos os recursos como nos afecta ao utilizalos e como temos que buscar solucións a moitos problemas que estamos creando. Pasámolo estupendamente e aprendemos moitísimas cousas.