RECUNCHO VERDE


RECUNCHO MEDIOAMBIENTAL

O recuncho medioambiental – pretende ser un recurso dinámico de utilización por todo o profesorado e alumnado no que se desenvolvan as distintas actividades encamiñadas a un obxectivo común “ Respectar o medio” adecuandose cada nivel a os seus obxectivos particulares, partindo sempre do máis cercano que é a aula, a casa o centro, o contorno,…
IDEAS PREVIAS PARA O RECUNCHO VERDE
As tarefas que poden levar se a cabo son entre outras as que pasamos a describir:
  • Información para o profesorado e familias.
- do que podamos levar a cabo
- do concurso de reciclaxe de cartuchos .
  • Programa de actividades que se desenvolveran neste curso escolar, se é o caso.
  • Plano de Intervención ambiental no medio, aula, centro, entorno.
  • Elaboración do Proxecto  medioambiental de centro que se pode ir iniciando este ano, se é o caso.
ACTIVIDADES QUE PODERIAMOS DESENVOLVER
  • OBRADOIROS, XOGOS E CHARLAS AMBIENTAIS
POSIBLES TALLERES:
  • XOGUETES CON LIXO Taller no que se aborda a problemática da producción de residuos e a regra dos 3 erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Estes contidos son tratados a través de sinxelos xogos e a construcción de xoguetes con material de refugallo.
  • TALLER DE CONTOS AMBIENTAIS- Damos cabida á participación das familias, que poden elaborar algún conto ou traballiño relacionado co medio ambiente, e envialo ou ben presentalo na aula. Despois faríamos unha recopilación de todos os traballos e pasaríase a incorporar á biblioteca,  de tal xeito que haxa unha interelación de proxecto ambiental, biblioteca, e o uso das Tics a través da páxina web do centro.
  • COIDEMOS O BOSQUE: Reciclaxe de papel Obradoiro no que se elabora papel reciclado a partir de papel usado como xeito de contribuír á conservación dos nosos bosques.
  • COMPOSTAXE Obradoiro sobre a problemática do lixo no que a través dun proceso natural, como é a compostaxe, transfórmanse os restos de comida en abono coñecendo os seus beneficios para o medio ambiente. Lévarase a cabo relacionándoo coa Horta Escolar.
  • CONSUMO RESPONSABLE Actividade sobre a problemática do consumo irracional, onde a través da simulación dun pequeno mercadiño búscariase  a formación de futuros consumidor@s conscientes e responsables. Podería facerse o 15 de marzo, Día do Consumidor, se é o caso.
  • COMERCIO XUSTO Actividade a través da que @s participantes descobren o comercio xusto en contraposición á explotación laboral e medioambiental do actual sistema de comercio, a través dun taller sinxelo e actividades como a chocolatada que fixemos en Nadal en Infantil empregando productos de comercio Xusto cando sexa posible.
  • ENERXÍAS LIMPAS Obradoiro no que se explica a importancia do aforro de enerxía nos nosos fogares, ademais do estudio das distintas alternativas existentes actualmente para a producción enerxética e a problemática ambiental en cada caso, a través da utilización de pequenos enxeños que funcionan con enerxías renovables. Poderiase facer no mes de maio, coincidindo coa Semana Solar Europea unha exposición de enerxías alternativas, que se visitaría ao longo dunha semana.
  • SONS DA NATUREZA Actividade na que se pon en contacto @s nenos e nenas cos distintos sons que se producen na natureza. Tamén podemos abordar a problemática do ruído como fenómeno que afecta a comunicación e á nosa saúde.
  • FOGAR PARA PAXAROS Obradoiro no que se aborda a problemática da conservación das aves a través da construcción de caixas-niño para os paxaros. Poderiamos falar con alguén de medioambiente da zona ou ben incluso levalo a cabo nós de forma rudimentaria; o que importa é a concienciación, non a perfección das casetas.
  • OS RASTROS DOS ANIMAIS GALEGOS Actividade na que nos convertimos en exploradores observando parte  da fauna autóctona galega( a través de Internet, obradoiros, etc.. que se aborda a través do estudio dalgúns dos rastros e sinais que aparecen no medio natural: pegadas, egagrópilas, plumas, sons, etc… Podemos facer unha listaxe das especies protexidas e en perigo de extinción.
  • USOS DAS PLANTAS: Coñecer algúns dos usos medicinais das plantas galegas, e algunhas das súas propiedades.
XOGOS
  • XOGOS POPULARES Actividade na que achegamos ós participantes ó coñecemento dos xogos que practicaban os seus maiores, como unha forma de recuperación do noso patrimonio etnográfico, e como non, de diversión.
  • XOGO DA PAZ Actividade formada por un grupo de xogos mediante os cales se estimula a reflexión sobre algúns conflictos e sobre como abordar as diferencias entre as persoas de forma pacífica.
CHARLAS
  • REDUCE O TEU LIXO Charla na que se trata a problemática dos residuos centrándose na súa solución: a regra dos tres erres, Reducir, Reutilizar e Reciclar; e insistindo principalmente na importancia do noso consumo na reducción dos residuos que producimos e a nosa colaboración na recollida selectiva.
OUTRAS PROPOSTAS
  • CENTRO ESCOLAR VERDE: AMBIENTALIZACIÓN DO CENTRO
  • AUTOECOAUDITORÍA ESCOLAR Conxunto de actividades nos que se realiza unha análise do impacto que causan no medio ambiente a actividade do noso centro escolar. Esta autoecoauditoría pódese centrar nalgún aspecto concreto do centro (Residuos, papel, enerxía,… e registrar os gastos ou aforros que producimos respecto ao que queiramos centrarnos. Formaríamos as PATRULLAS AMBIENTAIS en primaria e en infantil “ A PANDA BOLBORETA QUE COIDA DO PLANETA”, que viciarían:
◦       O apagado de luces cando non se necesitan encendidas.
◦       Vixiar o uso da auga nos baños, o consumo de papel, a limpeza dos espazos comúns, a limpeza e orden na aula, …
  • A HORTA ECOLÓXICA Actividade centrada na posta en marcha da pequena horta – invernadoiro que permita estudiar os procesos máis importantes que se dan na terra, ver as diferencias entre a agricultura intensiva e a agricultura ecolóxica, elaboración de bancais, elaboración de abono (compost), sementeira e coidados da horta…
DESEÑO E ELABORACIÓN DE MATERIAIS PARA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Poderiamos desenvolver tamén as tarefas de concienciación e comunicación de tódalas actividades que levemos a cabo no cole a través da elaboración e de materiais divulgativos para nós en principio e que poderimos tamén levalos a paxina web do centro. Entre os traballos posibles poderían ser:
  • Creación dun xornal de ECONOVAS, na que cada quen recollería as novas relacionadas coa ecoloxía, o medio, os bosques, os montes, as especies protexidas, a contaminación, os incendios,… na que registraríamos o que atopásemos nos xornáis ata final de curso, pero que daríamos lectura o 5 de xuño como recopilatorio do ano escolar .
    • Rexistro nun cuadernillo de “Descubrimos os bosques”  no que se incluirían actividades tanto de infantil e primaria como actividades complementarias que teñan que ver co tema.
  • Cadernillos complementarios sobre  xogos e obradoiros.
CELEBRACIÓNS importantes
O ano 2011 e o Ano Internacional dos Bosques. Polo comenzo da primavera que é cando se celebra o Día da árbore podemos atopar amigos especiais nos nosos bosques: distintas árbores do contorno ou non, e investigar sobre eles a través dos cales pódense facer distintos tipos de actividades. Ademáis traballariamos os montes máis cercanos como son Monte PEDRADA, O TETÓN, O ALOIA para traballar aspectos como a flora , a fauna o patrimonio,…se é o caso. Cada investigación pódese ofrecer aos demáis profesores e aulas a través de charlas ou exposición no centro.
CELEBRACIÓNS DE DÍAS SINALADOS
Aínda que o respecto ó medio ambiente é unha tarefa que se debe realizar durante todo o ano non deberiamos esquencer esquecer días importantes, que poden facer que algunhas persoas reflexionemos e comencemos un  camiño individual e colectivo cara ó desenvolvemento sostible. Entre eles:
Día das Montañas- 11 de decembro
Día do medio ambiente- 5 de xuño
Día Internacional da terra- 21 de marzo
Día da árbore- 21 de marzo
Día Europeo sen coches- 22 de setembro
Día Internacional das árbores autóctonas- 22 de novembro
Día do Consumidor- 15 de marzo