miércoles, 18 de diciembre de 2013

Árbore Ambiental


Os nenos e nenas de 5º curso axudáronnos a descubrir a importancia do día 11 de decembro- Día Internacional das Montañas.
As montañas abranguen o 27 por cento da superficie da terra e desempeñan un papel crucial no avance do mundo cara ao crecemento económico sostible. Non só achegan o sustento e o benestar a preto de 720 millóns de persoas que viven nelas, senón que ademais benefician indirectamente a miles de millóns de persoas que residen nas terras baixas.

As montañas, en particular, subministran auga doce, enerxía e alimentos, recursos que serán cada vez máis escasos en décadas futuras. Non obstante, tamén albergan un alto grao de pobreza e son moi vulnerables ao cambio climático, a deforestación, a degradación dos chans e os desastres naturais.

O reto está en identificar oportunidades novas e sostibles que poidan achegar beneficios tanto ás comunidades das terras altas coma das terras baixas e axudar así a erradicar a pobreza, sen contribuír por iso á degradación dos fráxiles ecosistemas de montaña.

O compromiso e a vontade de avanzar nesta causa reforzáronse durante o Ano Internacional das Montañas en 2002, e as montañas adquiriron un perfil cada vez máis destacado nos programas de todos os niveis.

 E COLOCAMOS A FLOR DAS MONTAÑAS NA ÁRBORE MEDIOAMBIENTAL. GRACIAS PEQUES !

domingo, 8 de diciembre de 2013


Inauguración do Invernadoiro Barrantiño

O  pasado 5 de decembro tivemos a inaguración do noso Invernadoiro Barrantiño. Este foi construido a finais do curso anterior coa colaboración das familias. Preparamos a terra, a toma de auga interior,  colocouse o grifo ( coa colaboración do concello) e finalmente puidemos por fin comenzar a plantación do mesmo, con coles de bruselas, verdura blanca, cebolas, allos, leituga,...
xa temos ganas de vela medrar!

Esta é a noticia na Voz de Galicia do xoves 6 de dembro de 2013







sábado, 30 de noviembre de 2013


SAÍDA AO RÍO PEGO

Os de 5º e 6º saímos ao río Pego a observar a calidade do mesmo: hidromorfolóxica, biolóxica, e fisicoquímica. Así analizamos o habitat, o bosque de ribeira, o caudal do río, a presencia de alteracións, a temperatura, a presencia de nitratos, o osíxeno disolto,...a presencia de macroinvertebrados, plantas acuáticas, as árbores, os anfibios ( ras), as especies invasoras,...estivemos moi motivados facendo esta actividade e o resultado foi que a calidade deste tramo que temos "adoptado" e boa. Agora mandaremos os datos ao proxecto ríos como xa fixemos o ano pasado. Estupendo! o fixestes xenial!

domingo, 17 de noviembre de 2013


ÁRBORE AMBIENTAL

Algúns dos principais problemas ambientais que se presentan na actualidade son o aumento das emisións de dióxido de carbono, a destrución da capa de ozono, o abuso de pesticidas e outras substancias tóxicas, a destrución dos bosques, a erosión do chan, a escaseza de auga potable ou os residuos nucleares. É necesario que a humanidade traballe de forma conxunta para facer fronte a estes conflitos que formula o medio a nivel mundial. A protección ecolóxica necesita vontade e accións políticas, económicas e sociais. No labor de preservar o ámbito tamén xoga un papel moi importante a educación ambiental. A poboación mundial da importancia da súa participación para solucionar os problemas ambientais.

A finalidade desta é concienciar e sensibilizar a poboación mundial da importancia da súa participación para solucionar os problemas ambientais. Neste sentido, realízanse diferentes actividades como programas de voluntariado en espazos naturais, campañas para cambiar os hábitos de consumo, creación de asociacións ecoloxistas, de desenvolvemento, etc. Tamén se sinalan distintos días, ao longo do ano, relacionados co noso medio, durante os que se anima aos cidadáns a participar. Algunhas das datas celebradas en materia ambiental son o Día da Terra, o Día Mundial do Medio, da Diversidade Biolóxica, das Aves, das Brañas, etc. Hai días dedicados ás árbores, á auga, ás aves, á conservación do chan ou á capa de ozono. Durante estas xornadas celébranse exposicións, conferencias e diversas actividades nas que nenos e maiores poden participar. Deste xeito, estimúlaselles a colaborar no coidado da Terra.

Así, fixando un día a nivel mundial, cidadáns, gobernos e medios de comunicación podemos recordar a importancia de protexer os hábitats e recursos naturais que nos rodean. En definitiva, preservar o ámbito e a Terra.
Esta semana explicamos a proposta da árbore ambiental polas aulas, o por que e a súa necesidade. Cada aula encargarase de conmemorar un mes e os demáis visitaremos a nosa árbore para falar, expoñer, tomar conciencia e sobre todo sensibilizar na educación medioambiental. 

Empezaron os de 6º e  axudáronnos a tomar conciencia dos días que levamos celebrado dende setembro ata novembro.  Falamos do que significaba cada un, as nosas propostas,debatimos, observamos, expoñemos, analizamos, consensuamos... e agora os demáis cursos farán unha visita á nosa árbore para visualizar o bo traballo feito. Moitas grazas.



Os de 1º están decorando o contenedor de tapóns

Os de 1º están a decorar o contenedor para a recollida de tapóns na escola. Mirade o ben que o están a facer…moitas gracias!


XEIRA DE OUTONO
O 14 de novembro os de infantil e primeiro ciclo estivemos de xeira co outono. As cores, os olores, as texturas chegaronnos moi pretiño e alí estábamos nós empapándonos de todo,… das árbores, dos froitos, das follas,…dos “ bichos”, e atopamos moitos tesouros de outono, mesmo os contamos para que non se nos perderan as decenas e as docenas…alí estaban nas cocas ou carrabouxos…que non son os froitos do carballo…Non, os froitos do carballo son as landras!
Tamén atopamos lixo no monte detrás da escola. Recollémolo e trouxémolo á escola para ensinárllelo aos outros nenos…Non queremos lixo no monte!
Achegamonos ao muiño de Baltasar e lembramos o que se facía co gran de millo….traiano ao muiño e facíase fariña.   Escoitamos o río…por onde vai? Segúimolo co dedo. Observamos o seu percorrido no trazo onde nos atopabamos…tamén atopamos unha roda na canle…que noxo!
O tempo deu para moi pouquiño, pero a convivencia entre tod@as valeu a pena. Outro día máis, non si?

sábado, 2 de noviembre de 2013


CHARLA SOBRE INCENDIOS- SEPRONA
O 29 de outubro chegaron a escola dos membros da garda civil do Seprona ( Servicio de Protección da Natureza),  e a través deles achegámonos á problemática do lume, que estivemos traballando como proxecto no cole os de infantil e primeiro ciclo.     Tamén nos acompañaron os de sexto na charla. En primeiro lugar aprendemos que era o SEPRONA e moitas cousas que non sabíamos, e sobre todo moi bos consellos para previlos e como actuar no caso de detectar algún, ou para no caso de ter que prender lume controlado nas queimas se faga atendendo sempre a unas normas ademáis das autorizacións pertinentes. Concienciarnos da problemática do lume sobre todo na zona na que estamos de Tomiño, que este ano foi unha das máis castigadas. Importante que dende a escola se traballe esta problemática. O teléfono de emerxencia 112 sempre para comunicar calquera urxencia.

Charla do compost
Cando Jose e María José viñeron á escola a falarnos do compost a todos os de primaria, levamos unha gran alegría porque dende que o ano pasado chegara polo mes de xuño a finais de curso non tiveramos a oportunidade de facer a súa inauguración en condicións. Ademáis de visitar a zona, analizar o que se podía botar na composteira, a posta en marcha da mesma, ainda que xa empezaramos a utilizala, as condicións para que se faga un bo compost,  a utilización do mesmo e como aplícalo na horta e no invernadoiro, a mellor localización para el… fixemos un repaso tamén pola reciclaxe, a reutilización, a redución, …as plantas de compostaxe, Cerdeira, a queima de residuos, as dioxinas, os contenedores, pautas para a reciclaxe e redución de residuos,…lembramos e aprendemos cousas novas. Despois nos agasallaron a cada un/ unha con un acivro e unha bolsiña de compost, para que cando chegaramos a casa, tamén llelo comunicaramos ás familias.  Que ben estivo! Que ben o podemos facer! Que sinxelo resulta axudar a non xenerar liso! Que útil son os restos de comida para a nosa horta !  Ahora cada semana Jose vai vir a ver como vai indo todo e se a composteira se está utilizando. Cando haxa residuos orgánicos das merendas irán a composteira e mesmo os días que nos toque froita no comedor, aproveitaremos para tirar os restos na composteira. Moitísimas gracias aos dous!
O MILLO
O 18 de outubro  Tania e Carmen, dúas nais do cole, achegáronse á escola para traballar con nós o millo. Con motivo do Ano Internacional da Agricultura Familiar, queremos dende a escola , recoller do noso entorno un dos productos claves na agricultura familiar. Descubrimos a súa orixe, o nome das partes da planta, a plantación do millo,  o muiño, a fariña, as cores do millo, os distintos grans de millo,  as raiñas do millo, a esfollada,  os productos elaborados, o pan de millo, as palomitas, as papas de millo…e fixemos talleres de cociña para probar a exquisitez deste producto. Probamos o pan de millo quentiño ( os nomes codia e miolo), tarta de millo, millo con leite, papas de millo, millo salado, Ademáis Tania, que naceu en Brasil, achegounos os nomes que se lle daban alí a estes productos e mesmo cociñamos  as palomitas con unha cantiga propia do seu país…sairon xenial e estaban todos riquísimos. Despois fixemos talleres de xoguetes co millo. Antiguamente non había bonecas para mercar e se facían co millo. Tania ensinounos a facelas e Carmen ensinounos a facer escolas coas follas do millo e as canas. Disfrutamos moitísimo e aprendemos moitísimas cousas. Despois todos xuntos a canción de pan de millo e pola tarde miramos infantil e 1º ciclo a película da “A galiña Marcelina”.

sábado, 12 de octubre de 2013


VENDIMANDO EN ADEGAS VALMIÑOR
E chegou a vendima…

         Xusto esta semana comenzou a chover…pois nada a esperar que escampe. Pero que ben lle viu esta choiva  ás uvas …Cando nos achegamos a Carregal a vendimar xa estaban agardando por nós Tania e Fidel que con moito agarimo e paciencia  foronnos ensinando moitas cousas que para os nenos e nenas, ainda que moitos teñen viñedos nas súas casas, eran novas. Fixemos a vendima e transportamos. Despois o autobús acercounos ata a Adega de Valmiñor, onde o espectáculo da vendima  volveuse  xigante. Depósitos xigantes onde estaba o viño, controis de temperatura, espazos para a recollida e pesa da uva. Máquinas que separan o acio das uvas, a cinta transportadora, o prensado…tamén miramos onde se fai o etiquetado. Cantas cousiñas aprendemos!. Pero o mellor estaba por vir… puidemos disfrutar dunha degustación de mosto, que estaba delicioso…e brindamos!…porque poidamos medrar aprendendo e disfrutando do que temos ó redor…por contar con xente tan amable e disposta a ensinarnos…por  disfrutar da boa compañía de hoxe…CHIN CHIN. 
ENTREVISTA

Pablo de 6º fixo unha entrevista a Tania de Valmiñor. As preguntas foron do máis espontáneas...e aprendemos moitísimas cousas mentres disfrutabamos desta festa que é a vendima. 




Gracias a todo o equipo de Adegas Valmiñor por acollernos tan agarimosamente. Gracias especialmente a Tania e Fidel porque ensináronnos moitas cousas e con moita paciencia nos acompañaron no percorrido. Gracias a Carlos por facelo posible.

MURAL DE REFORESTACIÓN


                E chegaron as árbores , e as pequenas mans para plantar o queimado, simbolizando o que non queremos, enchendo de vida o monte...que nos cobixa, que nos alimenta, que nos enche de aire e nos deixa medrar paseniño ao seu carón...queremos un corazón verde que nos permita amar o noso, ...e coidalo sempre !

O  LUME  

O lume que leva a vida,
que leva os soños,
que leva a esperanza,
e o futuro...

En Barrantes sentimos, reclamamos, desexamos, e queremos comprometernos co monte galego, e con todos os montes e parques naturais que ano tras ano levan unha grande parte de nós... deixando silencio e negro.


sábado, 8 de junio de 2013


TURONIA 2013

O 6 e o 7 de xuño esivemos de Turonia. Comenzamos no Chan do Cereixo, onde descubrimos que alí na fonte Salgueira nace o río Cereixo. Tamén descubrimos un xacemento neolítico, que Manolo Ledo explicounos facendo ademáis talleres prácticos.
Fixámonos nos nomes e na toponimia que a partires de aquí estarán presentes no noso percorrido. Temos que agradecer a Xose Lois Vilar, que anteriormente a facer este percorrido nos fixo chegar o seu saber sobre a toponimia deste lugar para poder transmitirllela aos nenos/as. Tamén acompañounos en parte do recorrido Angel o avó de Nico que nos fixo chegar o seu saber sobre a zona.
continuamos cara a Pinzás, a Igrexa, a Cruz do Meixón, e iniciando o traxecto o río de Covas, Alto das Curuxeiras, Regueira dos Carballos Cortados...Estivemos no escampado dos Porcos, no que tomamos conciencia da brutalidade e ignorancia sobre as accións humanas, na que a mámoa foi arrasada por unha excavadora...oxalá que non se repita e que podamos defender sempre  o noso patrimonio. 
Chegamos ao Burato dos Mouros, a regueira do estripeiral Grande onde puidemos falar e aprender sobre as explotacións mineiras do ouro. destacamos a importancia de ser explotacións ecolóxicas, e non ao emprego de contaminantes como o arsénico e cianuro que contaminan as nosas augas, a nosa terra e traerían moitas enfermidades ademáis da alteración brutal da paisaxe.
Continuamos cara a Vilachán do Monte e descubrimos  a cicuta e a dedalera, e as súas características e propiedades. Continuamos cara o alto da Castiñeira, onde atopamos un castro e aprendemos moitas cousas relacionadas con este tipo de construcións. Chegamos a Barrantes e despois de ducharnos, relaxarnos e cear tivemos sesión de Break Dance. A mañá continuamos o percorrido e detivemonos no Río Pego ao seu paso por Barrantes, buscando "indicium", tal como supoñemos que o farían os romanos, subindo do río principal polos afluentes. E descubrímolo,... A viaxe continuou cara a Estás para falar da auga, e alí sorprendeunos unha tormenta. Cambiamos de plans e comimos en Figueiró. Despois fomos visitar a exposición de pintura e escultura de Xuxo Malone en Goian e finalmente as piraguas dos Teixugos...Cantas cousas!!! Exploramos, descubrimos, patrimonio, ecoloxía, bioloxía, historia, toponimia, arte, educación física,...e moitisima convivencia e momentos inesquecibles. Gracias turónicos e turónicas por facelo posible un ano máis.

lunes, 15 de abril de 2013

TRABALLO NA HORTA 2º E 3º TRIMESTRE 
Mira que leva chovido!!!! No 2º trimestre case que non puidemos facer traballos na hora, máis que observala, ver se ían resistinto o pirixel, as acelgas, se medraban os repolos e as navizas...e non, non medraron tanto. As choivas e o frío non deixaron apenas medrar os nosos cultivos. 
este ano tamén temos que empezar a plantar máis tarde que o ano pasado, mesmo aconsellados polas familias e observando que tamén nas hortas da veciñanza non se plantaba. Hai que esperar a que pase un pouco o frío, o granizo, e que choiva menos.
Esta é a nosa organización para o terceiro trimestre. A previsión para esta semana é boa para traballar na horta.




domingo, 17 de marzo de 2013

21 de marzo DÍA DEL ÁRBOL
Este ano idos celebrar o Día da Árbore, apadriñando "VIDA" de tal xeito que cada aula adoptará un carballo  en primaria, e un castiñeiro en cada aula de infantil, co proposito de  coidala, axudala a medrar, proporcionar vida a cambio de vida , de levar a cabo moitas actividades relacionadas coas árbores. Así de aquí a final de curso, a nosa árbore estará presente en moitas actividades que levemos a cabo e tamén será un punto de reflexión na reciclaxe de papel.


Aquí deixo dúas proxeccións para que as empreguedes na aula.



miércoles, 20 de febrero de 2013


É TEMPO DE CALDOS

Na horta Barrantiña prantamos nabizas e repolos. Os de 3º e 4º fixeron estas ricas  receitas de caldos  coa axuda das súas familias !

lunes, 4 de febrero de 2013

OS DE INFANTIL ESTIVEMOS NO VIVERO DE BACELO
E alí chegamos os de infantil de Barrantes, e nos recibiron con moitisimo cariño. Nós que ainda que somos exploradores natos, inquedos de pensamento e acción,...tamén somos quen de dicir, quen de agradecer, quen de reter, quen de lembrar, e como non quen de soñar...gracias a Manolo, Salvi, Juan e Lalo, porque compartiron con nós agasallándonos o seu tempo e o seu traballo, do que aprendemos moitísimas cousas ( o que alí había! ata tiñan unha máquina matabichos profe!...non, so mataba aos malos!...eso, eso que as mariquitas son boas...non miraches como comían os PULMÓNS...bueno chámanse pulgóns...Non había moitas flores, pero plantas si, e plantamos LILIUM que sairá de cor amarela. E estivemos na camara fría onde conxelan flores...no, as conservan para que aguanten máis tempo fermosas.
E a parte escura onde había soles profe? Os crisantemos necesitan estar sin luz para que den bonitas flores...increible! Gracias pola fermosa visita e polos agasallos que tivemos: gorras, bolis, as plantas, flores preciosas...