domingo, 8 de enero de 2012

22 de novembro- DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS


Os seguintes días sinalados son representativos no desenvolvemento do proxecto medioambiental do centro:

·       22 de novembro- Día Mundial dos Bosques Autóctonos
·       3 de decembro- Día Mundial para Non uso de plaguicidas
·       11 de decembro- Día Internacional das Montañas
·       5 de marzo- Día Mundial da Eficiencia Enerxética
·       22 de marzo- Día Mundial da Auga.
·       17 de maio – Día Mundial da Reciclaxe
·       5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente

Neste día 22 de novembro- Día Internacional dos Bosques Autóctonos decidimos que cada aula traballara unha especie autóctona dos nosos bosques , para despois crear un libro con todas elas; tamén decidimos que cada clase se chamaría como a especie que estamos a traballlar e unha exposición final de todo o investigado, no que levamos as nosas pegatinas de cada árbore e especie traballada. Para recrear e finalizar esta actividade convidamos a vir ao centro a Escanciano e Ricardo do Servicio da Conservación da Natureza, que nos contaron moitas cousas sobre os bosques autóctonos, as aves, e fixémoslles moitas preguntas que con moito agarimo responderon. Moitas grazas aos dous!

Taller de Bosques Autóctonos
Entre as actividades que poderiamos desenvolver para  conmemorar o Día Mundial dos Bosques Autóctonos estarían:
1.     Nunha cartolina A3 traballariamos cada aula una especie autóctona, empregando tamén o reverso da cartolina para o traballo.
2.     Manter unha marxe de 2cm para una posterior encuadernación dos traballos.
3.     Se repartirán a cada aula una especie autóctona, que servirá tamén para darlle nome a cada aula, e se fará una traballo de investigación breve ( nomes en castelán, galego e latín , e se se quere en inglés; follas, froito, cortiza, usos,…)
4.     Cada aula decorará o seu nome coa árbore que lle tocou para colocar no metacrilato.
5.     Cos traballos elaborados por cada aula, faremos una exposición conxunta ( MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO) na que cada aula exporá o que investigou sobre a árbore e faremos fincapé na importancia de que estamos participando todos xuntos no proxecto Voz Natura, e en onde imos actuar ao longo do ano.
6.     Elaboración de pegatinas para cada clase coa especie autóctona que lle toco una aula.
7.     Recopilación de traballos e montaxe dun libro do noso bosque autóctonos.
O NOSO RECUNCHO VERDE do centro

Este é o recuncho verde do cole no que levamos a cabo moitas actividades, nas que o fío motor é o Ano Internacional dos Bosques 2011. decidimos investigar investigamos o lixo, a reciclaxe, temos os contenedores azul, amarelo,o negro de reciclado de cartuchos de toner, contenedor de reutilización onde poñemos materiais que podemos volver a utilizar para moitas actividades, coñecemos os bosques e montañas de Galicia, as árbores, os contos dos bolechas que falan sobre a reciclaxe e outras revistas medioambientais... E a partires de aquí van encamiñadas a plantación de Cristelos, o estudo do Río Pego, a horta Barrantiña, As pandas e detectives,...Descubrimos especies que están en perigo de extinción e, en especial fixemos un recuncho para a pita do monte e tamén para os morcegos. Tamén temos as econovas nas que imos rexistrando as novas que atopemos nos xornais acerca do medioambiente. As lemos, rexistramos, valoramos, analizamos onde se produce a noticia, quen son os protagonistas das novas e cal é a nosa impresión e valoración. E moito máis...




sábado, 7 de enero de 2012


Somos o cole de Barrantes, que está en Tomiño. No cole ademáis das mestras e mestres temos 109 alumn@. Este vai ser o primeiro ano que estamos en Voz Natura e temos pensado desenvolver moitas cousiñas, entre elas imos afrontar 4 retos ambientais:
  1. A Horta Barrantiña
  2. O descubrimento do Río Pego
  3. As pandas bolboreta coidan do Planeta.
  4. Reforestamos en Cristelos.
Este é o novo blog, porque tiñamos o de " O sorriso das árbores" dende outubro, pero dicidimos cambialo por este, por iso as entradas que figuran son a partir de este ano.