UNHA PARCELIÑA EN CRISTELOS

O pasado 6 de marzo pola tarde as familias, nenos, e profes achegámonos a parcela de Cristelos que nos cedeu o Concello e fixemos os buratos para plantar castieiros  de produción de castaña. Equipados coas laias, rastrillos, ferramentas e as nosas mans cheas de ilusión puxémonos mans a obra, pero antes a recoller o lixo que hai. Tivemos algunhas complicacións , porque atopamos moita pedra e tivemos que cambiar o plantexamento algunha vez. de tódolos xeitos a experiencia coas familias foi moi gratificante e sabemos que dende ahora en diante teremos que coidala moito para lograr que estas árbores medren cos nosos coidados. Esta parcela permitirá desenvolver moitas actividades da escola e fóra dela, á sombra da nosa sobreira.

O venres 9 de marzo, achegámonos cos nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º para plantar os castiñeiros e 2 acivros. con moita ilusión e ganas primeiro a sombra da sobreira SITUAMOS A PARCELA NO MAPA, e despois falamos da especie que plantamos, das súas características, de xogos que se podían facer coas follas, os usos mediciñais, etc, e  antes de comenzar limos a PREGARIA DA ÁRBORE, para xa situados e emocionados comenzar a plantación, ...entre todos, con coidado, paseniño... con moito mimo, porque a coidaremos e respectaremos e vixiaremos de que as árbores crezan ben. E despois do traballo,...a merendar!, e a montar o cartel da plantación e as fotos, e que ben o fixemos, e...ata outro día castiñeiros de Barrantes en Cristelos.
Para ver directamente as diapositivas  neste enlace:
http://www.kizoa.es/diapositivas/d2404484kP149888672o2/plantacin-en-cristelos-932012--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Que si, que si...que o concello deixounos unha parcela en Cristelos para poder facer alí un pequeno bosque autóctono.

E dende a fermosa sobreira que altiva agocha os segredos do vento, descubrimos no seu ollar as pegadas que do tempo fuxido, agardan sen presa o sorriso da lembranza.
E nesta lembranza, Bego descubriu a unha muller dos tempos das  inquedanzas e dos medos, unha muller que amaba a paz...Josefa García Segret. Así que fermosa sobreira, ela quere que o seu nome anide en ti, como a pomba da paz...