sábado, 6 de diciembre de 2014



LUCES DE  

REUTILIZACION


Este ano na decoracion de nadal empregamos a reutilización de botellas de auga para fabricar bombillas decoradas libremente por cada clase. 

Vaise achegando... alumeando... enchendo de cores e luces a nosa escola.

Son as  luces do nadal  que prenden dentro de nós ...e clarexan o camiño...paseniño, paseniño. 



OBRADOIRO PAN DE MILLO

Que rico obradoiro tivemos os de infantil xunto con Tania e Patricia as mamás que nos ensinaron como facer o pan o as arepas de millo. Aprendemos como se amasa o pan, os ingredentes, e tamén como se fan as boliñas para as arepas. Así merendamos arepas recheas de ensalada e pan de millo. Cantamos todos xuntos a canción e pasamos un rato moi bo. Gracias mamis por ensinarnos e poder disfrutar deste fermoso obradoiro.


URBASER nos fala da reciclaxe en infantil

O pasado mércores tivemos a Urbaser no cole, a empresa que xestiona a limpeza e recollida de residuos do concello de Tomiño. Os nenos e nenas de infantil estivemos moi atentos ás pautas de reciclaxe, aos distintos tipos de contenedores, ás cores, a formación de vermicompost... e despois os menos e nenas de infantil repartieron os contenedores por tódalas aulas do colé  azul e amarelo que mercamos coa aportación de Voz Natura. Así sustituimos as caixiñas que tiñamos e ágora todos temos os mesmos contis.

 



Os de 2º plantamos champiñóns

Os nenos e nenas de 2º estivemos plantando champiñóns seguindo moi ben as instruccións que figuraban no envase. Así medimos e calculamos a auga necesaria, outro lía as instrucións, outro mesturaba a terra coas esporas, outro pintaba e rexistraba o proceso e así de xeito cooperativo cada un coa súa función logramos plantalos e agora mesmo estamos esperando a que medren alí nese lugar apartado da luz directa e nun sitio que non sexa frío. O temos no noso recuncho de barrantiños. Despois estivemos recollendo os ultimos tomates, pimentos e acelgas do invernadoiro e limpando porque en breve imos preparalo para a nova plantación.






lunes, 3 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE CABAZAS

Coa chegada do Samaín e o outono a escola apareceu un día chea de cabazas. Que pasa aquí ? Profe saíron cabazas no patio!  Vaites, semella que Paulino andivo por aquí e fixo medrar as cabazas tamén como no conto das fabas máxicas.
E que vos parece se facemos un obradoiro de cabazas? siiiii.
 Os de infantil puxémonos mans á obra e ...como disfrutamos con este obradoiro! 
Tania cantos coitelos tes!...un fan ollos, outros vacían, outro para a boca!...
pero, a que non dan medo? Nooooo
Esta me gusta moito profe! Mira que distintas son as cabazas!
COAS MANS NA TERRA

Este ano iniciamos un novo curso enchido de terra, de ben facer, de moita ecoloxía e de reflexionar sobre as boas prácticas ecolóxicas da horta e no invernadorio. A agricultura ecolóxica vai entrar de cheo en Barrantes; sempre estivo presente pero este ano queremos tomar se cabe máis conciencia da mesma.
Esta semana se presentará o programa de actividades ao longo dos trimestres aos peques de primaria e de infantil. Tamén comenzan a funcionar de novo as pandas bolboreta e os detectives verdes.

E así como quen non quere a cousa hai como 15 días plantamos na horta unha planta ( semella unha patata no sabor) que se chama CHU_CHU ou CHAYOTE e medra como unha enredadera. Chegou a escola da man dunha familia de tres anos e comenzamos a investigar sobre ela. Despois do comedor xemos a súa plantación e mesmo a comemos e probamos porque Tania a trouxo cocida. 
Que rica! Sabe a patata!

domingo, 27 de abril de 2014

 EXPOSICIÓN EN GOIÁN- Mostra de cultivos do Baxo Miño


O cole de Barrantes, xunto con outros coles da zona participamos na exposición de Goian. As plantas ornamentais que plantamos e coidamos durante o curso escolar se expuseron xunto cos murais feitos. Estos son os de Barrantes      

Noticia no Faro de Vigo




domingo, 6 de abril de 2014




Este venres, o caldiño quente con pan de pita chegou á escola da man de Tania. Recollemos no invernadoiro os fermosisimos repolos e aprendemos a facer o caldo como alimento importante na nosa cultura. Aprendemos a facer o pan co fermento, fariña, sal, zucre, auga temperada e con boa man amasando fixemos pans na tixola, sen empregar o forno. Falamos de como no Neolítico se asentan as poboacións  gracias á agricultura e gandería e a importancia na mesma no cambio evolutivo.
Cando xa estaba quentiño e o pan feito...a merendar. Que rico!. E agora que aprendemos ? Podemos empregar e utilizar fora da escola o que aprendimos? 
-Siiiiiiiiiiiii

sábado, 15 de marzo de 2014


DA HORTA Á BIBLIOTECA

Os de 3º e 4º fixemos a primeira experiencia piloto no centro de recollida de productos do invernadoiro ( espinacas, leitugas, acelgas...) Traballamos cooperativamente distribuíndonos o traballo e cada un aporta o seu :  clasificamos, rexistramos con fotos, lavamos os productos, presentamos e fixemos a tenda, o cartel, os prezos, mercamos, vendemos, e sobre todo disfrutamos moitísimo. Puidemos observar e traballamos o circuito de comercio. Cos cartos obtidos imos mercar libros para a biblioteca. Como aprendemos, como disfrutamos, como vivimos!






SEMENTEIRA 1º E 2º

Hoxe achegámonos á sementeira, pero vindo de lonxe. Dende os primeiros asentamentos neolíticos e dende o proxecto de centro " Un brinco no tempo " achegámonos á agricultura ao descubrimento das primeiras sementes, á importancia dos asentamentos das poaboacións, ao cambio da paisaxe, a relevancia social da agricultura, aos primeiros aparellos, aos do siglo pasado, aos actuais, e á actividade de facer semilleiros para despois pasar as plantiñas á horta, ás necesidades das sementes para converterse en plantas, ás flores, ás estacións, aos froitos...ao círculo da vida. Entre leitugas, guisantes, e pepinos... fixemos deste mércores un día moi leitugueiro. Gracias profes, nenos e nenas por disfrutar das pequenas grandes cousas!






miércoles, 5 de marzo de 2014




INFORME DE CALIDADE DOS RÍOS GALEGOS- PROXECTO RÍOS





Estimados participantes,

o pasado 11 de febreiro presentamos á sociedade o Informe Anual do Proxecto Ríos 2013, elaborado cos datos das inspeccións realizadas polo voluntariado do Proxecto Ríos.




 Informe de Calidade dos Ríos Galegos

         Paco Bañobre

domingo, 2 de febrero de 2014


obradoiro dos sentidos

Esta semana os de infantil tivemos o obradoiro dos sentidos no que descubrimos as plantas aromáticas e os seus usos. Foron as seguintes:
 ROMERO, SANTOLINA, MELISA, MENTA POLEO






descubrindo os ríos de tomiño

Os de 5º e 6º estivemos descubrindo os ríos de Tomiño ( Tollo, Pego, Cereixo e Furnia) e localizando nos mapas o seu paso polas distintas parroquias de Tomiño. Fixemos o seu percorrido e sinalamos as 15 parroquias. Seguiremos traballando tamén coas familias. De momento queda o noso traballo no recuncho de voz natura que temos na aula.












Estivemos en Naturnova
 Os de 1º e 2º ciclo estivemos en Naturnova, centro interactivo de educación ambiental para estimular o coñecemento do mundo que nos rodea, aprender a valoralo, respectalo e querelo. Percorremos o universo, a galaxia, o sistema solar, e chegamos ao noso planeta, e descubrimos os elementos que condicionan a vida ( o solo, a auga e o aire) e os seres vivos cos que compartimos o noso espacio.  Miramos como nos relacionamos co medio, como empregamos os recursos como nos afecta ao utilizalos e como temos que buscar solucións a moitos problemas que estamos creando. Pasámolo estupendamente e aprendemos moitísimas cousas.

PLANTANDO ALLOS E CEBOLAS

Os de 1º e 2º estivemos plantando os allos e as cebolas no invernadoiro. Así co bulbo abaixo, facemos un buratiño, metémolo, botamos terra e despois regamos. Falamos das propiedades que teñen os allos e as cebolas e o ben que nos sentan na nosa dieta. Temos que comer cebolas e allos ...non si?

lunes, 27 de enero de 2014


Plantando ornamentais

O pasado 22 de xaneiro Noemí chegou á escola cargada de xeranios, surfinias,...para plantar cos
de , 1º, 2º,3º,4º e despois se engadiron os de 5 anos. Resultou moi ben a actividade porque primeiro explicouse o que se ía facer, os nomes das plantas, as condicións para que medraran ben, o que iamos facer, coidalas ...así que as `plantamos, as regamos e as levamos ao invernadoiro, para que estiveran quentiñas... que si, que si...que nos lembramos das partes da planta,e do...CEPELLÓN.