sábado, 27 de octubre de 2012

OS DE INFANTIL PLANTAMOS BERZAS

E tamén a os peques chegounos o turno da horta barrantiña. Claro, que xa nos tian a terra preparada máis ou menos os maiores de 5º e 6º, así que observamos ben as semente das berzas, o minúsculas que son, a cor, rastrillamos a terr, lembramos que fai falta para que medren as sementes, falamos dos productos da horta en outono e ...a plantar! tamén plantamos verdura blanca, que é moi tenra para facer os caldos. Moi ben peques...sodes uns labregos/as estupendos

Os de 5º e 6º arrincamos as malas herbas

O mércores  tivemos que preparar un pouquiño a horta para a futura plantación, non sin antes falar do que ia supoñer este ano o proxecto Voz Natura, que iamos desenvolver durante o ano e donde; como iamos funcionar cos detectives verdes e as pandas bolboreta, e o que ían supoñer os traballos da horta...de que podiamos plantar nesta época do ano, do que vían nas súas casas que plantaban as familias, que non era o mesmo plantar que recoller,...falamos un pouquiño das actividades desenvolvidas o ano pasado e de se lles apetecía seguir este ano co proxecto, no que detectouse unha boa predisposición e motivación ao mesmo.
Así que unha vez houbo escampado dirixímonos á horta barrantiña e comenzamos a traballar...

" O mércores 10 de outubro estivemos na horta; estaba mollado porque estivera chovendo moito, ainda que o pasamos moi ben. A verdade é  , que estivemos arrincando e preparando a terra para plantar. Levounos tempo porque había moitas herbas que xa estaban dende o ano pasado, e estiveran o verán sen traballar. Arrincamos as plantas de tomates que quedaban e ceboliñas pequenas que ainda había na terra. Cavamos e rastrillamos o chan...o pasamos moi ben e queremos volver" os nenos/as de 5º e 6º

CURSO 2012-2013

Comenzamos unha nova andaina neste curso e convidamosvos ao noso proxecto anual de Voz Natura, " O Faladoiro do Vento". Iremos facéndovos partícipes das nosas cousiñas ao longo deste ano.  Este ano engadiremos páxinas novas de recursos medioambientais, de novas, de consulta, ...

E como non podía ser doutro xeito, comentarvos que xa temos organizado o centro coas pandas bolboreta, coa horta escolar, coas actividades do Faladoiro do Vento, coas actividades na parcela, e as do recuncho que este ano contempla o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga.

TURNOS PANDA BOLBORETA DO PRIMEIRO TRIMESTRE


TRABALLOS DA HORTA ESCOLAR 1º TRIMESTRE