SEMANA SOLAR

Semana Solar 2013
Estamos organizando a Semana Solar para este curso escolar 2012_2013. Xa estamos inscritos e traballando para celebrala. Aqui deixo uns enlaces de interes e da localización do noso evento para este ano.

MATERIAIS DE INTERESE




O curso escolar pasado ( 2011-2012) Montse e Xabier propuséronnos a celebración da Semana Solar Europea; levamos a cabo moitas actividades e charlas relacionadas con este evento, e a participación e ilusión na mesma foi moi satisfactoria. Contruimos fornos solares, fixemos un obradoiro de fotosaltóns, xogamos coa enerxía solar e cociñamos co sol. Despois fixeron a publicación nunha revista científica de Eslovenia. Este ano imos centrarnos un pouco máis no sistema de regadío, para a horta e a parcela no monte, empregando a enerxía solar. Xa iremos publicando o que aconteza.