HORTA BARRANTIÑA


PROXECTO HORTA BARRANTIÑA
A HORTA BARRANTIÑA
De semente en semente,  de sachiño en sachiño,
foi chegando outubro, pouquiño a pouquiño;
Entre sorrisos e rastrillos, entre compost e cilandro,
de nabizas e repolos a hortiña estamos plantando.
O 4 de outubro chegou, e con el as ganas de comenzar esa ilusión que viñamos arrastrando dende hai ben tempo. Decidimos empezar polo principio: as ferramentas básicas! despois había que cavar algo a terra e por suposto arrincar as herbas malas. Que digo! Non hai herbas malas dixéronme, que todo é bo. Claro que si, que si…Os arrincadores foron os de 5º e 6º de Primaria, que tiñan ben ganas, e o fixeron estupendamente. E despois viñeron os de 2º ciclo e 1º ciclo e comenzamos a plantar os grelos, remolachas, puerros, cebolas, nabizas, repolos, brocoli...que ben o psamos! pero agora hai que esperar...
CONSTRUIMOS DOUS PLUVIÓMETROS
Nas aulas de 5º e 6º construimos  os pluviómetros empregando material de reciclaxe e coa finalidade de que nos sirva como instrumento para o control de pluviosidade na horta, valorando as consecuencias e a influencia nos cultivos. Achegamonos as medicións, a calcular, a compartir, a razonar, a prever, a valorar,...

CONSTRUCIÓN DUN PLUVIÓMETRO ( Novembro 2011-Voz Natura)

Materiais reciclados e de baixo custo serán suficientes para levar un rexistro das precipitacións na horta con pouco traballo e moita creatividade.

Os nenos e nenas de   5º e 6º de primaria serán os encargados da fabricación dunha ferramenta básica para a posta en marcha de multitude de actividades paralelas aos labores propios da horta.
Unha estación meteorolóxica que lles permitirá coñecer aos alumn@s as precipitacións sobre o colexio, sendo este un coñecemento ao que encontrarán gran practicidad fora dos límites do colexio, na súa vida cotiá nun ámbito agrícola rural.
O rexistro da cantidade de auga que caeu sobre os cultivos é unha actividade que pode resultar moi útil a longo prazo. Permitiralles detectar e identificar a causa de problemas causados pola chuvia e previlos na seguinte tempada unha vez que manexen a predición meteorolóxica e poidan actuar a priori para evitar que se repitan as incidencias non desexadas da tempada anterior.
Ademáis permitiranos controlar  as precipitacións para un posterior control e rexistro que efectuaremos posteriormente sobre gráficos.

Fabricación dun pluviómetro caseiro

Aconséllase levar a cabo esta actividade en novembro, prevendo que o seu uso será efectivo e necesario no período de máis chuvias. É un proxecto que englobará diferentes áreas de coñecemento e que polo tanto, requirirá da supervisión das mestras/es encargadas/os de Coñecemento do Medio, Matemáticas e TICs. O tempo de construción será aproximadamente de dúas horas, unha actividade entretida que lle gustará aos nenos e nenas, como xa comprobamos en actividades similares que forón a construcción de fornos solares o ano anterior. Necesitaremos:
·      Unha botella de dous litros reciclada, coa consecuente aprendizaxe de protección do medio ambiente coa REutilización de plásticos usados.
·      Unhas tesoiras.
·      Algo que sirva como marcador.
·      Unha regra ou fita métrica.
·      Un cubo ou unha maceta.
·      Un panel de madeira ou contrachapado de aproximadamente 30 x 30.
·      Un anaco de papel, un parafuso, un desaparafusador e fita adhesiva transparente.
·      Unha pequena cantidade de plastilina ou arxila.

Como construír un pluviómetro para a estación meteorolóxica do horto escolar
Os pasos a seguir na fabricación dun pluviómetro caseiro son moi sinxelos e doadamente executables por alumnos mesmo de primaria:

1. Córtase o terzo superior da botella de refresco reciclada.
2. Énchese o fondo desta coa plastilina ou a arxila ata formar unha capa horizontal e colócase a parte superior anteriormente cortada dentro da botella a forma de embude.
3. Márcase a tira de papel cunha raia cada medio centímetro e colócase no costado da botella facendo coincidir o cero coa rapadoira de arxila ou plastilina. Á tira de papel hai que cubrila coa fita adhesiva transparente para que non se molle coa chuvia. Como alternativa, tamén se pode marcar directamente a botella cun punzón.
4. Únese na súa base o cubo ou a maceta co panel mediante o parafuso.
5. Colócase a botella co embude dentro do cubo e así recollerase a chuvia.

Lectura dos resultados e criterios de situación do pluviómetro

A lectura dos resultados é sinxela e dará pé ao mestre para explicar os conceptos de volume e área, uns contidos que a priori poden resultar tediosos serán mellor asimilados cun sustento tan práctico como este. Un milímetro de chuvia en calquera recipiente equivale a un litro de auga por metro cadrado. O diámetro do devandito recipiente non é unha variable, pois a maior superficie, maior evaporación ambiental do líquido.

Unha vez construído, o pluviómetro colocarase ao alcance de quen o teña que ler, pero non moi a man para evitar alteracións ou derramos que alterarían a lectura posterior.

Situarase nun lugar descuberto e que sexa significativo para o que buscamos, que é medir a cantidade de auga que cae na zona do horto.

É preferible unha localización elevada para evitar interferencias en caso de que a chuvia non caia totalmente en vertical. Faranse medicións diarias ou semanais, segundo se programe o rexistro de chuvias. Unha vez feita a lectura non hai que esquecer baleirar o contido para proceder á seguinte medición.



 TRABALLOS HORTA ESCOLAR 1º TRIMESTRE

SETEMBRO

OUTUBRO

NOVEMBRO

DECEMBRO


2-4  CREACIÓN DE VIVERO DE ÁRBORES AUTÓCTONAS ( TÓDOLOS NIVEIS DE PRIMARIA E INFANTIL)
5-9
REXISTROS

PLANIFICACIÓN
3-7
7-11 CONSTRUCCIÓN DE PLUVIÓMETRO
12-16
REXISTROS

10-11- ARRINCAR MALAS HERBAS ( 6º)
13-14- CAVAR E ABONAR ZONA PARA PLANTAR.
14-18
COCOLACIÓN DE DOUS PLUVIÓMETROS NA HORTA
19-21
REXISTROS
19-23

17-21-PLANTACIÓN DE NABIZAS, GRELOS, BROCOLI, REPOLOS…
( LUNS/ MARTES- 3º E 4º)
( XOVES/VENRES- 5º E 6º )

21/10- SAÍDA ENTORNO INFANTIL



21-25
COMENZAN OS REXISTROS DE PLUVIOSIDADE

26-30
24-28
28-2/12
REXISTROS