Esta semana os de 6º estivemos buscando información sobre os ecosistemas dos ríos, analizando fotos do río Pego, ...
LEY DE AUGAS
VISOR CARTOGRÁFICO CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL
ONDE ANDAS?...NO PEGO
Como o tempo non acompañou moito, tivemos que aplazar algunhas das actividades que tiamos pensado desenvolver no río Pego, pero imos ver si agora podemos seguir avanzando.
Ata o de agora empregando as ferramentas de google, identificamos o percorrido do río localizando as súas coordenadas no mapa; creamos un recuncho para o río moi pretio do recuncho verde e creamos o mapa do río coas parroquias por onde pasa. Como moi pretiño de aquí se atopa a parroquia de Pinzas ( onde dicen que hai ouro) entramos no censo catastral minero de Galicia, para descubrir os tramos do río e se tería algunha parte incluida dentro destos tramos.
Censo catastral Minero de Galicia
PROXECTO RÍOS

Plantexamos a búsqueda de información en distintos aspectos do río ( Construccións, , muiños, pontes, árores autóctonas, invasoras, plantas, animais,...o lixo, ...clasificamos a información obtida para facer un arquivo e clasificación da mesma.
A ver se podemos facer a saída medioambiental, para a súa limpeza e análise da calidade da auga, xa que temos un tramo do río adoptado.
Cando xurdiu no proxecto a idea de estudiar un tramo do noso Río Pego , e digo noso, porque é o que temos moi pretiño do cole, e ao que lle temos que adicar un especial coidado e mimo, démonos conta da ilusión que comenzaba a xenerar, e temos que dicir na escola, sentimos o apoio por parte do concello( Medioambiente e Educación), polo Servizo de Conservación da Natureza, pola Confederación Hidrográfica, e por suposto por nós mesmos. E os ánimos están tan altos que a partires de xaneiro comenzaremos se todo vai ben. Xa temos localizado por onde imos empezar este ano( dende a Salgosa ata Barrantes), para continuar nos vindeiros anos tamén ( a desembocadura no Miño e o seu nacemento), e dando un paseiño previo para ver como estaban os tramos e se había dificultades, atopámonos con unha paisaxe moi fermosa, pero tamén con determinadas zonas onde o lixo entrou sen piedade, claro que o lixo non chega aí soiño...alguén o verque nas súas augas, que tamén son nosas...que vergoña e que pena!
Mirade estas son algunhas das fotos do tramo que imos traballar este ano. Que río tan bonitiño!!!