domingo, 8 de enero de 2012

O NOSO RECUNCHO VERDE do centro

Este é o recuncho verde do cole no que levamos a cabo moitas actividades, nas que o fío motor é o Ano Internacional dos Bosques 2011. decidimos investigar investigamos o lixo, a reciclaxe, temos os contenedores azul, amarelo,o negro de reciclado de cartuchos de toner, contenedor de reutilización onde poñemos materiais que podemos volver a utilizar para moitas actividades, coñecemos os bosques e montañas de Galicia, as árbores, os contos dos bolechas que falan sobre a reciclaxe e outras revistas medioambientais... E a partires de aquí van encamiñadas a plantación de Cristelos, o estudo do Río Pego, a horta Barrantiña, As pandas e detectives,...Descubrimos especies que están en perigo de extinción e, en especial fixemos un recuncho para a pita do monte e tamén para os morcegos. Tamén temos as econovas nas que imos rexistrando as novas que atopemos nos xornais acerca do medioambiente. As lemos, rexistramos, valoramos, analizamos onde se produce a noticia, quen son os protagonistas das novas e cal é a nosa impresión e valoración. E moito máis...




No hay comentarios:

Publicar un comentario