miércoles, 18 de diciembre de 2013

Árbore Ambiental


Os nenos e nenas de 5º curso axudáronnos a descubrir a importancia do día 11 de decembro- Día Internacional das Montañas.
As montañas abranguen o 27 por cento da superficie da terra e desempeñan un papel crucial no avance do mundo cara ao crecemento económico sostible. Non só achegan o sustento e o benestar a preto de 720 millóns de persoas que viven nelas, senón que ademais benefician indirectamente a miles de millóns de persoas que residen nas terras baixas.

As montañas, en particular, subministran auga doce, enerxía e alimentos, recursos que serán cada vez máis escasos en décadas futuras. Non obstante, tamén albergan un alto grao de pobreza e son moi vulnerables ao cambio climático, a deforestación, a degradación dos chans e os desastres naturais.

O reto está en identificar oportunidades novas e sostibles que poidan achegar beneficios tanto ás comunidades das terras altas coma das terras baixas e axudar así a erradicar a pobreza, sen contribuír por iso á degradación dos fráxiles ecosistemas de montaña.

O compromiso e a vontade de avanzar nesta causa reforzáronse durante o Ano Internacional das Montañas en 2002, e as montañas adquiriron un perfil cada vez máis destacado nos programas de todos os niveis.

 E COLOCAMOS A FLOR DAS MONTAÑAS NA ÁRBORE MEDIOAMBIENTAL. GRACIAS PEQUES !

No hay comentarios:

Publicar un comentario