sábado, 12 de octubre de 2013


MURAL DE REFORESTACIÓN


                E chegaron as árbores , e as pequenas mans para plantar o queimado, simbolizando o que non queremos, enchendo de vida o monte...que nos cobixa, que nos alimenta, que nos enche de aire e nos deixa medrar paseniño ao seu carón...queremos un corazón verde que nos permita amar o noso, ...e coidalo sempre !

O  LUME  

O lume que leva a vida,
que leva os soños,
que leva a esperanza,
e o futuro...

En Barrantes sentimos, reclamamos, desexamos, e queremos comprometernos co monte galego, e con todos os montes e parques naturais que ano tras ano levan unha grande parte de nós... deixando silencio e negro.


sábado, 8 de junio de 2013


TURONIA 2013

O 6 e o 7 de xuño esivemos de Turonia. Comenzamos no Chan do Cereixo, onde descubrimos que alí na fonte Salgueira nace o río Cereixo. Tamén descubrimos un xacemento neolítico, que Manolo Ledo explicounos facendo ademáis talleres prácticos.
Fixámonos nos nomes e na toponimia que a partires de aquí estarán presentes no noso percorrido. Temos que agradecer a Xose Lois Vilar, que anteriormente a facer este percorrido nos fixo chegar o seu saber sobre a toponimia deste lugar para poder transmitirllela aos nenos/as. Tamén acompañounos en parte do recorrido Angel o avó de Nico que nos fixo chegar o seu saber sobre a zona.
continuamos cara a Pinzás, a Igrexa, a Cruz do Meixón, e iniciando o traxecto o río de Covas, Alto das Curuxeiras, Regueira dos Carballos Cortados...Estivemos no escampado dos Porcos, no que tomamos conciencia da brutalidade e ignorancia sobre as accións humanas, na que a mámoa foi arrasada por unha excavadora...oxalá que non se repita e que podamos defender sempre  o noso patrimonio. 
Chegamos ao Burato dos Mouros, a regueira do estripeiral Grande onde puidemos falar e aprender sobre as explotacións mineiras do ouro. destacamos a importancia de ser explotacións ecolóxicas, e non ao emprego de contaminantes como o arsénico e cianuro que contaminan as nosas augas, a nosa terra e traerían moitas enfermidades ademáis da alteración brutal da paisaxe.
Continuamos cara a Vilachán do Monte e descubrimos  a cicuta e a dedalera, e as súas características e propiedades. Continuamos cara o alto da Castiñeira, onde atopamos un castro e aprendemos moitas cousas relacionadas con este tipo de construcións. Chegamos a Barrantes e despois de ducharnos, relaxarnos e cear tivemos sesión de Break Dance. A mañá continuamos o percorrido e detivemonos no Río Pego ao seu paso por Barrantes, buscando "indicium", tal como supoñemos que o farían os romanos, subindo do río principal polos afluentes. E descubrímolo,... A viaxe continuou cara a Estás para falar da auga, e alí sorprendeunos unha tormenta. Cambiamos de plans e comimos en Figueiró. Despois fomos visitar a exposición de pintura e escultura de Xuxo Malone en Goian e finalmente as piraguas dos Teixugos...Cantas cousas!!! Exploramos, descubrimos, patrimonio, ecoloxía, bioloxía, historia, toponimia, arte, educación física,...e moitisima convivencia e momentos inesquecibles. Gracias turónicos e turónicas por facelo posible un ano máis.

lunes, 15 de abril de 2013

TRABALLO NA HORTA 2º E 3º TRIMESTRE 
Mira que leva chovido!!!! No 2º trimestre case que non puidemos facer traballos na hora, máis que observala, ver se ían resistinto o pirixel, as acelgas, se medraban os repolos e as navizas...e non, non medraron tanto. As choivas e o frío non deixaron apenas medrar os nosos cultivos. 
este ano tamén temos que empezar a plantar máis tarde que o ano pasado, mesmo aconsellados polas familias e observando que tamén nas hortas da veciñanza non se plantaba. Hai que esperar a que pase un pouco o frío, o granizo, e que choiva menos.
Esta é a nosa organización para o terceiro trimestre. A previsión para esta semana é boa para traballar na horta.




domingo, 17 de marzo de 2013

21 de marzo DÍA DEL ÁRBOL
Este ano idos celebrar o Día da Árbore, apadriñando "VIDA" de tal xeito que cada aula adoptará un carballo  en primaria, e un castiñeiro en cada aula de infantil, co proposito de  coidala, axudala a medrar, proporcionar vida a cambio de vida , de levar a cabo moitas actividades relacionadas coas árbores. Así de aquí a final de curso, a nosa árbore estará presente en moitas actividades que levemos a cabo e tamén será un punto de reflexión na reciclaxe de papel.


Aquí deixo dúas proxeccións para que as empreguedes na aula.



miércoles, 20 de febrero de 2013


É TEMPO DE CALDOS

Na horta Barrantiña prantamos nabizas e repolos. Os de 3º e 4º fixeron estas ricas  receitas de caldos  coa axuda das súas familias !

lunes, 4 de febrero de 2013

OS DE INFANTIL ESTIVEMOS NO VIVERO DE BACELO
E alí chegamos os de infantil de Barrantes, e nos recibiron con moitisimo cariño. Nós que ainda que somos exploradores natos, inquedos de pensamento e acción,...tamén somos quen de dicir, quen de agradecer, quen de reter, quen de lembrar, e como non quen de soñar...gracias a Manolo, Salvi, Juan e Lalo, porque compartiron con nós agasallándonos o seu tempo e o seu traballo, do que aprendemos moitísimas cousas ( o que alí había! ata tiñan unha máquina matabichos profe!...non, so mataba aos malos!...eso, eso que as mariquitas son boas...non miraches como comían os PULMÓNS...bueno chámanse pulgóns...Non había moitas flores, pero plantas si, e plantamos LILIUM que sairá de cor amarela. E estivemos na camara fría onde conxelan flores...no, as conservan para que aguanten máis tempo fermosas.
E a parte escura onde había soles profe? Os crisantemos necesitan estar sin luz para que den bonitas flores...increible! Gracias pola fermosa visita e polos agasallos que tivemos: gorras, bolis, as plantas, flores preciosas...