sábado, 15 de marzo de 2014


DA HORTA Á BIBLIOTECA

Os de 3º e 4º fixemos a primeira experiencia piloto no centro de recollida de productos do invernadoiro ( espinacas, leitugas, acelgas...) Traballamos cooperativamente distribuíndonos o traballo e cada un aporta o seu :  clasificamos, rexistramos con fotos, lavamos os productos, presentamos e fixemos a tenda, o cartel, os prezos, mercamos, vendemos, e sobre todo disfrutamos moitísimo. Puidemos observar e traballamos o circuito de comercio. Cos cartos obtidos imos mercar libros para a biblioteca. Como aprendemos, como disfrutamos, como vivimos!






SEMENTEIRA 1º E 2º

Hoxe achegámonos á sementeira, pero vindo de lonxe. Dende os primeiros asentamentos neolíticos e dende o proxecto de centro " Un brinco no tempo " achegámonos á agricultura ao descubrimento das primeiras sementes, á importancia dos asentamentos das poaboacións, ao cambio da paisaxe, a relevancia social da agricultura, aos primeiros aparellos, aos do siglo pasado, aos actuais, e á actividade de facer semilleiros para despois pasar as plantiñas á horta, ás necesidades das sementes para converterse en plantas, ás flores, ás estacións, aos froitos...ao círculo da vida. Entre leitugas, guisantes, e pepinos... fixemos deste mércores un día moi leitugueiro. Gracias profes, nenos e nenas por disfrutar das pequenas grandes cousas!






miércoles, 5 de marzo de 2014




INFORME DE CALIDADE DOS RÍOS GALEGOS- PROXECTO RÍOS





Estimados participantes,

o pasado 11 de febreiro presentamos á sociedade o Informe Anual do Proxecto Ríos 2013, elaborado cos datos das inspeccións realizadas polo voluntariado do Proxecto Ríos.




 Informe de Calidade dos Ríos Galegos

         Paco Bañobre

domingo, 2 de febrero de 2014


obradoiro dos sentidos

Esta semana os de infantil tivemos o obradoiro dos sentidos no que descubrimos as plantas aromáticas e os seus usos. Foron as seguintes:
 ROMERO, SANTOLINA, MELISA, MENTA POLEO






descubrindo os ríos de tomiño

Os de 5º e 6º estivemos descubrindo os ríos de Tomiño ( Tollo, Pego, Cereixo e Furnia) e localizando nos mapas o seu paso polas distintas parroquias de Tomiño. Fixemos o seu percorrido e sinalamos as 15 parroquias. Seguiremos traballando tamén coas familias. De momento queda o noso traballo no recuncho de voz natura que temos na aula.












Estivemos en Naturnova
 Os de 1º e 2º ciclo estivemos en Naturnova, centro interactivo de educación ambiental para estimular o coñecemento do mundo que nos rodea, aprender a valoralo, respectalo e querelo. Percorremos o universo, a galaxia, o sistema solar, e chegamos ao noso planeta, e descubrimos os elementos que condicionan a vida ( o solo, a auga e o aire) e os seres vivos cos que compartimos o noso espacio.  Miramos como nos relacionamos co medio, como empregamos os recursos como nos afecta ao utilizalos e como temos que buscar solucións a moitos problemas que estamos creando. Pasámolo estupendamente e aprendemos moitísimas cousas.

PLANTANDO ALLOS E CEBOLAS

Os de 1º e 2º estivemos plantando os allos e as cebolas no invernadoiro. Así co bulbo abaixo, facemos un buratiño, metémolo, botamos terra e despois regamos. Falamos das propiedades que teñen os allos e as cebolas e o ben que nos sentan na nosa dieta. Temos que comer cebolas e allos ...non si?

lunes, 27 de enero de 2014


Plantando ornamentais

O pasado 22 de xaneiro Noemí chegou á escola cargada de xeranios, surfinias,...para plantar cos
de , 1º, 2º,3º,4º e despois se engadiron os de 5 anos. Resultou moi ben a actividade porque primeiro explicouse o que se ía facer, os nomes das plantas, as condicións para que medraran ben, o que iamos facer, coidalas ...así que as `plantamos, as regamos e as levamos ao invernadoiro, para que estiveran quentiñas... que si, que si...que nos lembramos das partes da planta,e do...CEPELLÓN.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Árbore Ambiental


Os nenos e nenas de 5º curso axudáronnos a descubrir a importancia do día 11 de decembro- Día Internacional das Montañas.
As montañas abranguen o 27 por cento da superficie da terra e desempeñan un papel crucial no avance do mundo cara ao crecemento económico sostible. Non só achegan o sustento e o benestar a preto de 720 millóns de persoas que viven nelas, senón que ademais benefician indirectamente a miles de millóns de persoas que residen nas terras baixas.

As montañas, en particular, subministran auga doce, enerxía e alimentos, recursos que serán cada vez máis escasos en décadas futuras. Non obstante, tamén albergan un alto grao de pobreza e son moi vulnerables ao cambio climático, a deforestación, a degradación dos chans e os desastres naturais.

O reto está en identificar oportunidades novas e sostibles que poidan achegar beneficios tanto ás comunidades das terras altas coma das terras baixas e axudar así a erradicar a pobreza, sen contribuír por iso á degradación dos fráxiles ecosistemas de montaña.

O compromiso e a vontade de avanzar nesta causa reforzáronse durante o Ano Internacional das Montañas en 2002, e as montañas adquiriron un perfil cada vez máis destacado nos programas de todos os niveis.

 E COLOCAMOS A FLOR DAS MONTAÑAS NA ÁRBORE MEDIOAMBIENTAL. GRACIAS PEQUES !

domingo, 8 de diciembre de 2013


Inauguración do Invernadoiro Barrantiño

O  pasado 5 de decembro tivemos a inaguración do noso Invernadoiro Barrantiño. Este foi construido a finais do curso anterior coa colaboración das familias. Preparamos a terra, a toma de auga interior,  colocouse o grifo ( coa colaboración do concello) e finalmente puidemos por fin comenzar a plantación do mesmo, con coles de bruselas, verdura blanca, cebolas, allos, leituga,...
xa temos ganas de vela medrar!

Esta é a noticia na Voz de Galicia do xoves 6 de dembro de 2013