domingo, 25 de marzo de 2012
domingo, 18 de marzo de 2012
domingo, 11 de marzo de 2012
De castiñeiro en castiñeiro...
O pasado 6 de marzo pola tarde as familias, nenos, e profes achegámonos a parcela de Cristelos que nos cedeu o Concello e fixemos os buratos para plantar castieiros de produción de castaña. Equipados coas laias, rastrillos, ferramentas e as nosas mans cheas de ilusión puxémonos mans a obra, pero antes a recoller o lixo que hai. Tivemos algunhas complicacións , porque atopamos moita pedra e tivemos que cambiar o plantexamento algunha vez. de tódolos xeitos a experiencia coas familias foi moi gratificante e sabemos que dende ahora en diante teremos que coidala moito para lograr que estas árbores medren cos nosos coidados. Esta parcela permitirá desenvolver moitas actividades da escola e fóra dela, á sombra da nosa sobreira.
O venres 9 de marzo, achegámonos cos nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º para plantar os castiñeiros e 2 acivros. con moita ilusión e ganas primeiro a sombra da sobreira SITUAMOS A PARCELA NO MAPA, e despois falamos da especie que plantamos, das súas características, de xogos que se podían facer coas follas, os usos mediciñais, etc, e antes de comenzar limos a PREGARIA DA ÁRBORE, para xa situados e emocionados comenzar a plantación, ...entre todos, con coidado, paseniño... con moito mimo, porque a coidaremos e respectaremos e vixiaremos de que as árbores crezan ben. E despois do traballo,...a merendar!, e a montar o cartel da plantación e as fotos, e que ben o fixemos, e...ata outro día castiñeiros de Barrantes en Cristelos.
Para ver directamente as diapositivas neste enlace:
http://www.kizoa.es/diapositivas/d2404484kP149888672o2/plantacin-en-cristelos-932012

OS DE INFANTIL PLANTAMOS O LIMOEIRO E O MANDARINO
E non daba chegado o día...que si, que si que ata Filosofía propúxonos investigar a cor laranxa,...e o mandarino de que cor da os froitos?...vale, vale! de cor laranxa. Profe, profe,...imos plantar o limoeiro? É moi grande? Onde o poñemos? Pois a min un día, o limoeiro que teño na casa feriume nunha man cos pinchos...e doeume moitísimo- dixo Javi.
Claro mirade a árbore, imos poñer as gafas de exploradores para observala mellor. Mirades aquí,...que é isto? Pinchos , son pinchos...bueno pois temos que ter coidado cando andemos moi pretiño del! E observamos as súas follas, a súa olor, a textura e os seu froitos, os limóns, tocámolos, cheirámolos, son de cor amarelo, non laranxa como o mandarino. E a que sabe? Despois probamos e facemos unha limonada!
Ben, e agora a traballar. Primeiro os buratos un pouco grandes para que as raíces se estendan ben e agarren no chan...collemos pás, rastrillos, laia...e mans á obra. Profe, profe...xa está, podemos metelas árbores agora? A ver , a ver...VALE, adentro con elas. Enchemos de terra e tapámolas ben...EI, QUE CHOVE...a correr debaixo do cedro, preparados , listos, xa. E esperando a que pasara a chuvia vimos un sorriso no limoeiro e un guiño no ollo do mandarino...que cando escampe estarei aquí, e maá tamén, e me coidaredes, e non os subiredes en min, e non arrincarás as miñas follas, e disfrutarás conmigo, e seredes os meus amigos...e a choiva foi alonxandose mentres o sol quentaba as nosas mans e facíamos as filas e lembrar que un día máis en Barrantes a nosa pegada está marcada. Ata mañá limoeiro...ata maá mandarino...ata mañá hortiña Barrantiña.
http://www.kizoa.es/diapositivas/d2404684kP105220259o2/os-de-infantil-plantamos-un-limoeiro-e-un-mandarino
SEPRONA ESTIVO NO COLE
E Jose ( garda civil do Seprona) chegou ao cole! Falounos de moitas cousiñas: en primeiro lugar do que era o Seprona, despois da prevención de incendios forestais, dos animais, do medio ambiente, da contaminación, das especies,...e fixemos xogos, e preguntamos dúbidas e charlamos, e lle entregamos un libro de todos nós co que pensabamos que facían no seu traballo. Pero sobre todo, sentimos a importancia de que estiveses aquí, ao noso carón, ensinándonos o que sabes, o que fas, o que atopas no teu traballo, facéndonos partícipes das túas cousas, e nós...escoitamos moi atentos, porque das túas palabras sae a nosa responsabilidade, o que debe ser o noso bo facer e...o noso compromiso. Gracias Jose por amosarnos que estás con nós.
http://www.kizoa.es/diapositivas/d2408501kP171243679o2/charla-seprona-29212

Etiquetas:
reforestamos en Cristelos
Ubicación:
Cristelos, 36740 Tomiño, España
domingo, 8 de enero de 2012
22 de novembro- DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS
Os seguintes días sinalados son representativos no desenvolvemento do proxecto medioambiental do centro:
· 22 de novembro- Día Mundial dos Bosques Autóctonos
· 3 de decembro- Día Mundial para Non uso de plaguicidas
· 11 de decembro- Día Internacional das Montañas
· 5 de marzo- Día Mundial da Eficiencia Enerxética
· 22 de marzo- Día Mundial da Auga.
· 17 de maio – Día Mundial da Reciclaxe
· 5 de xuño- Día Mundial do Medio Ambiente
Neste día 22 de novembro- Día Internacional dos Bosques Autóctonos decidimos que cada aula traballara unha especie autóctona dos nosos bosques , para despois crear un libro con todas elas; tamén decidimos que cada clase se chamaría como a especie que estamos a traballlar e unha exposición final de todo o investigado, no que levamos as nosas pegatinas de cada árbore e especie traballada. Para recrear e finalizar esta actividade convidamos a vir ao centro a Escanciano e Ricardo do Servicio da Conservación da Natureza, que nos contaron moitas cousas sobre os bosques autóctonos, as aves, e fixémoslles moitas preguntas que con moito agarimo responderon. Moitas grazas aos dous!
Taller de Bosques Autóctonos
Entre as actividades que poderiamos desenvolver para conmemorar o Día Mundial dos Bosques Autóctonos estarían:
1. Nunha cartolina A3 traballariamos cada aula una especie autóctona, empregando tamén o reverso da cartolina para o traballo.
2. Manter unha marxe de 2cm para una posterior encuadernación dos traballos.
3. Se repartirán a cada aula una especie autóctona, que servirá tamén para darlle nome a cada aula, e se fará una traballo de investigación breve ( nomes en castelán, galego e latín , e se se quere en inglés; follas, froito, cortiza, usos,…)
4. Cada aula decorará o seu nome coa árbore que lle tocou para colocar no metacrilato.
5. Cos traballos elaborados por cada aula, faremos una exposición conxunta ( MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO) na que cada aula exporá o que investigou sobre a árbore e faremos fincapé na importancia de que estamos participando todos xuntos no proxecto Voz Natura, e en onde imos actuar ao longo do ano.
6. Elaboración de pegatinas para cada clase coa especie autóctona que lle toco una aula.
7. Recopilación de traballos e montaxe dun libro do noso bosque autóctonos.
O NOSO RECUNCHO VERDE do centro
Este é o recuncho verde do cole no que levamos a cabo moitas actividades, nas que o fío motor é o Ano Internacional dos Bosques 2011. decidimos investigar investigamos o lixo, a reciclaxe, temos os contenedores azul, amarelo,o negro de reciclado de cartuchos de toner, contenedor de reutilización onde poñemos materiais que podemos volver a utilizar para moitas actividades, coñecemos os bosques e montañas de Galicia, as árbores, os contos dos bolechas que falan sobre a reciclaxe e outras revistas medioambientais... E a partires de aquí van encamiñadas a plantación de Cristelos, o estudo do Río Pego, a horta Barrantiña, As pandas e detectives,...Descubrimos especies que están en perigo de extinción e, en especial fixemos un recuncho para a pita do monte e tamén para os morcegos. Tamén temos as econovas nas que imos rexistrando as novas que atopemos nos xornais acerca do medioambiente. As lemos, rexistramos, valoramos, analizamos onde se produce a noticia, quen son os protagonistas das novas e cal é a nosa impresión e valoración. E moito máis...
sábado, 7 de enero de 2012
Somos o cole de Barrantes, que está en Tomiño. No cole ademáis das mestras e mestres temos 109 alumn@. Este vai ser o primeiro ano que estamos en Voz Natura e temos pensado desenvolver moitas cousiñas, entre elas imos afrontar 4 retos ambientais:
- A Horta Barrantiña
- O descubrimento do Río Pego
- As pandas bolboreta coidan do Planeta.
- Reforestamos en Cristelos.
Este é o novo blog, porque tiñamos o de " O sorriso das árbores" dende outubro, pero dicidimos cambialo por este, por iso as entradas que figuran son a partir de este ano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)