lunes, 3 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE CABAZAS

Coa chegada do Samaín e o outono a escola apareceu un día chea de cabazas. Que pasa aquí ? Profe saíron cabazas no patio!  Vaites, semella que Paulino andivo por aquí e fixo medrar as cabazas tamén como no conto das fabas máxicas.
E que vos parece se facemos un obradoiro de cabazas? siiiii.
 Os de infantil puxémonos mans á obra e ...como disfrutamos con este obradoiro! 
Tania cantos coitelos tes!...un fan ollos, outros vacían, outro para a boca!...
pero, a que non dan medo? Nooooo
Esta me gusta moito profe! Mira que distintas son as cabazas!
COAS MANS NA TERRA

Este ano iniciamos un novo curso enchido de terra, de ben facer, de moita ecoloxía e de reflexionar sobre as boas prácticas ecolóxicas da horta e no invernadorio. A agricultura ecolóxica vai entrar de cheo en Barrantes; sempre estivo presente pero este ano queremos tomar se cabe máis conciencia da mesma.
Esta semana se presentará o programa de actividades ao longo dos trimestres aos peques de primaria e de infantil. Tamén comenzan a funcionar de novo as pandas bolboreta e os detectives verdes.

E así como quen non quere a cousa hai como 15 días plantamos na horta unha planta ( semella unha patata no sabor) que se chama CHU_CHU ou CHAYOTE e medra como unha enredadera. Chegou a escola da man dunha familia de tres anos e comenzamos a investigar sobre ela. Despois do comedor xemos a súa plantación e mesmo a comemos e probamos porque Tania a trouxo cocida. 
Que rica! Sabe a patata!

domingo, 27 de abril de 2014

 EXPOSICIÓN EN GOIÁN- Mostra de cultivos do Baxo Miño


O cole de Barrantes, xunto con outros coles da zona participamos na exposición de Goian. As plantas ornamentais que plantamos e coidamos durante o curso escolar se expuseron xunto cos murais feitos. Estos son os de Barrantes      

Noticia no Faro de Vigo




domingo, 6 de abril de 2014




Este venres, o caldiño quente con pan de pita chegou á escola da man de Tania. Recollemos no invernadoiro os fermosisimos repolos e aprendemos a facer o caldo como alimento importante na nosa cultura. Aprendemos a facer o pan co fermento, fariña, sal, zucre, auga temperada e con boa man amasando fixemos pans na tixola, sen empregar o forno. Falamos de como no Neolítico se asentan as poboacións  gracias á agricultura e gandería e a importancia na mesma no cambio evolutivo.
Cando xa estaba quentiño e o pan feito...a merendar. Que rico!. E agora que aprendemos ? Podemos empregar e utilizar fora da escola o que aprendimos? 
-Siiiiiiiiiiiii

sábado, 15 de marzo de 2014


DA HORTA Á BIBLIOTECA

Os de 3º e 4º fixemos a primeira experiencia piloto no centro de recollida de productos do invernadoiro ( espinacas, leitugas, acelgas...) Traballamos cooperativamente distribuíndonos o traballo e cada un aporta o seu :  clasificamos, rexistramos con fotos, lavamos os productos, presentamos e fixemos a tenda, o cartel, os prezos, mercamos, vendemos, e sobre todo disfrutamos moitísimo. Puidemos observar e traballamos o circuito de comercio. Cos cartos obtidos imos mercar libros para a biblioteca. Como aprendemos, como disfrutamos, como vivimos!






SEMENTEIRA 1º E 2º

Hoxe achegámonos á sementeira, pero vindo de lonxe. Dende os primeiros asentamentos neolíticos e dende o proxecto de centro " Un brinco no tempo " achegámonos á agricultura ao descubrimento das primeiras sementes, á importancia dos asentamentos das poaboacións, ao cambio da paisaxe, a relevancia social da agricultura, aos primeiros aparellos, aos do siglo pasado, aos actuais, e á actividade de facer semilleiros para despois pasar as plantiñas á horta, ás necesidades das sementes para converterse en plantas, ás flores, ás estacións, aos froitos...ao círculo da vida. Entre leitugas, guisantes, e pepinos... fixemos deste mércores un día moi leitugueiro. Gracias profes, nenos e nenas por disfrutar das pequenas grandes cousas!






miércoles, 5 de marzo de 2014




INFORME DE CALIDADE DOS RÍOS GALEGOS- PROXECTO RÍOS





Estimados participantes,

o pasado 11 de febreiro presentamos á sociedade o Informe Anual do Proxecto Ríos 2013, elaborado cos datos das inspeccións realizadas polo voluntariado do Proxecto Ríos.




 Informe de Calidade dos Ríos Galegos

         Paco Bañobre

domingo, 2 de febrero de 2014


obradoiro dos sentidos

Esta semana os de infantil tivemos o obradoiro dos sentidos no que descubrimos as plantas aromáticas e os seus usos. Foron as seguintes:
 ROMERO, SANTOLINA, MELISA, MENTA POLEO






descubrindo os ríos de tomiño

Os de 5º e 6º estivemos descubrindo os ríos de Tomiño ( Tollo, Pego, Cereixo e Furnia) e localizando nos mapas o seu paso polas distintas parroquias de Tomiño. Fixemos o seu percorrido e sinalamos as 15 parroquias. Seguiremos traballando tamén coas familias. De momento queda o noso traballo no recuncho de voz natura que temos na aula.












Estivemos en Naturnova
 Os de 1º e 2º ciclo estivemos en Naturnova, centro interactivo de educación ambiental para estimular o coñecemento do mundo que nos rodea, aprender a valoralo, respectalo e querelo. Percorremos o universo, a galaxia, o sistema solar, e chegamos ao noso planeta, e descubrimos os elementos que condicionan a vida ( o solo, a auga e o aire) e os seres vivos cos que compartimos o noso espacio.  Miramos como nos relacionamos co medio, como empregamos os recursos como nos afecta ao utilizalos e como temos que buscar solucións a moitos problemas que estamos creando. Pasámolo estupendamente e aprendemos moitísimas cousas.